Ai maruxiña

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z 0-9

Letra de Ai maruxiña

Cantigas Populares Galegas

Eu querer quéroche ben, eu téñoche admiración
quero casarme contigo, non mo quita o corazón,
non mo quita o corazón, non mo quita o corazón,
eu querer quéroche ben, eu téñoche admiración.

Ai Maruxiña, eu ben cho dicía,
que o andar de noite é unha tolería,
é unha tolería, é unha tolería,
ai Maruxiña, eu ben cho dicía.

Eu querer quéroche ben, …

Ai Maruxiña, non é nada malo
darlle un biquiño a un namorado,
a un namorado, a un namorado,
Ai Maruxiña, non é nada malo.

Eu querer quéroche ben, …

Ai Maruxiña, detrás dun valado,
dáme un biquiño que non é pecado,
que non é pecado, que non é pecado,
ai Maruxiña, detrás dun valado.

Eu querer quéroche ben, …

Ai Maruxiña, detrás dun codeso,
dáme un biquiño que eu ben cho merezo,
que eu ben cho merezo que eu ben cho merezo,
ai, Maruxiña, detrás dun codeso.

Eu querer quéroche ben, …

Letra de Ai Maruxiña de Cantigas Populares Galegas

Todas las letras de canciones de Cantigas Populares Galegas. Letra de Ai Maruxiña de Cantigas Populares Galegas y muchas más en SigueLaLetra
Podrás consultar todas las letras que quieras, añadirlas a tus letras favoritas y compartirlas con tus amigos.

Usamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies.

Aceptar Más información